Nestes días circulan dous manifestos opostos relacionados coa cultura. O primeiro está asinado por “La Coalición de Creadores e Industrias de Contenidos”, é dicir, ADIVAN, ADICAN, EGEDA, PROMUSICAE, FAP e SGAE, que co seu discurso habitual insisten en que “se roba nuestro trabajo”, o que lles fai dubidar de que “vivamos en una sociedad justa” (benvid@s ao clube).
O segundo manifesto é un pouco longo pero paga a pena lelo (noticia en El País, 9-7-2008). Está promovido pola EXGAE, “a primeira asesoría legal casi gratuita especializada en librar aos cidadáns dos abusos da SGAE e demáis entidades de xestión”, e defende a copia e a difusión a través de Internet da cultura (diferenciándoa da “Industria del entretenimiento”), comparando éste fenómeno coa invención da Imprenta, que axuda a democratizar a cultura. Tamén da un repaso ao concepto de lucro cesante que manexan as entidades de xestión, fala das redes de intercambio P2P que gobernos coma o de Sarkozy pretenden criminalizar (e quizáis utilizar para controlar aos cidadáns). O manifesto remata con 7 medidas para impulsar a sociedade da información en beneficio de tod@s.
En definitiva, compartas ou non, descargues ou non, día a día asistimos a unha “guerra” que está lonxe de rematar e que, para ben ou para mal, acabará afectándonos a tod@s. E tí de qué bando estás?
Mentres tanto…
“Avanza a directiva que permite espiar ao usuario na rede“, El País, 8-7-2008.


